sábado, 6 de outubro de 2012

alianzas



Abraio ante a imaxe de Beiras como Gandalff 'O Branco', síntome un anano pequeno e delirante. ¿Non caera na sombra upegalla? aquel monstro dunha idade antiga. Canto máis penso na metáfora máis sorrío... polas alianzas, o Abismo de Helm, Saruman, o Señor Obscuro Sauron, etc.  
A vida non fuxiu del, outra oportunidade lle foi outorgada. Danlle as enquisas un deputado, eu penso que se alguén é quen de esprintar nun contexto coma o atual ese é el. Me alegran algunhas das cousas que dixo onte en Ourense:
  • "Podemos darlle a volta ao panorama institucional. Pasamos unha fronteira que se convertera nun tabú. Non hai españolistas e galeguistas".  Estou farto dese galeguismo que acusa aos de EU de ser sucursalistas e traidores.
 Dalle sombra gris. Lume! E para Sauron canción:




domingo, 30 de setembro de 2012

que raro tanto acordo, pensei.

-->
O día 30 vin polo streaming de reuters o final da mani dese día de protesta ante o congreso. O final foi un momento incrible, unha inversión de 'el verdugo' de berlanga –da tan famosa escea da cadea. Un cento de persoas quedaban sentadas e non querían marchar, os furgóns das UIP arrodeáronos. Xusto nas súas costas o valado metálico azul. Detrás das furgonetas, en pleno Neptuno, algunha xente espallada, as unidades móviles da tv, algunha xente que marchaba.
Unha vez arrodeados comezou un momento de tensión; o silencio duraba pouco porque as rapazas non deixaban de cantar proclamas. Pero nada pasaba.
Detrás dos furgóns un vehículo con escobas xiratorias ía limpando a praza, na quedaran moitos restos de lixo: plásticos, bolsas, papeis de xornais e diminutas nadas. Os corpos especialistas realizaban as súas funcións, esas nas que non se pensa cando transitamos e das que só nos decatamos cando algo falla.
Ducias de xornalistas pasaron por entre os furgóns e achegáronse aos que resistían, ás testemuñas dun día que se resistía a rematar. Comezaron a facer fotos dende todos os ángulos. As luces azuis dos furgóns impedían calquera relaxación; as manifestantes seguían. Alguén se ergueu e foi camiñando cara aos policías, onda el varios fotógrafos e cámaras. Volveu e sentou de novo. Pasou algo de tempo, se cadra dez minutos e a xente comezou a se erguer, de vagariño.
Eu seguía o twitter ao mesmo tempo e algúns notábeis daban consellos: cara a rúa das hortas hai saída aberta, por alí hai paso, recomendaban.
Comezaron a marchar e nada lles pasou. O grupo comezou a espertar, a ir en ringleira cara a saída que deixaban os furgóns. Cada vez máis. Quedaban poucos. En breve tres soas, sentadas, dous en pe, como falando e dándose unha aperta. E mirando de redor. Un policía achegóuselles. Sinalou a saída. Marcharon.
Entraron dous mozos do servizo de limpeza coas basoiras grandes e comezaron a limpar. O straming rematou. Que raro tanto acordo, pensei; que ben feito todo.

quinta-feira, 27 de setembro de 2012